20.03.2011

5 Comentarios | Agardando a Godot

feliz antiga doenza

hai unhas horas subín ao faiado buscando unha referencia concreta que recordaba anotar nos apuntamentos da carreira.

sabía que estaba na materia de arte grega, ano 2001, así que me dispuxen a pelexar coa pila de caixas, cos ácaros, co tempo.

hai dez anos –pensei– pero semellan cincuenta…

de pronto unha bolsa de plástico caeu ao chan ofrecéndome un reencontro non buscado con entradas de concertos, fotografías, anotacións do interrail…obxetos pequenos, cousas con pouco sentido que reafirmaban a miña antiga doencia de gardalo todo… e unha postal non escrita onde a imaxe dun vaqueiro montado a cabalo estira o seu brazo para apuntar cunha pistola ao espazo en off…

botei a rir polo feliz  recordo e din grazas pola miña antiga doenza de gardalo todo… tratábase dunha promoción do FAR WEST de Carlos Negro.

 

feroces discotecas de neón e garaxe
apaches montados en bólidos negros
fundas de pel de leopardo no coche
consignas fluorescentes no parabrisas
(o símbolo do dominio escríbese turbo)
velaquí o far-west
  1. mariademallou dice:

    pois eu tamén a atopei hai non muito, mira que casualidade. tíñaa metida dentro dun libro que non era nin far west nin de carlos negro. a imaxe, por certo, é de álvaro negro, artistazo da hostia e, por engadido, irmá de carlos negro. bico ghuapa! a ver se nos vemos e non é dentro de muito!

  2. felicidades por este novo espazo antiano,é ben lindo.

    teño gañas de ver OPERATORIO,faláronme máis q ben,benbenebenben.

    aperta.

Dejar una respuesta