27.04.2011

0 Comentarios | About, Agardando a Godot, Outros

cita a dous

 

CITA A DOUS é un encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas, a partir dun pequeno manual de instrucións. Pois CITA A DOUS, non é só un encontro fugaz onde dous convidados falan e debaten sobre aqueles temas ou motivacións que lle son comúns diante dun público presente, senón que pretende buscar un verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal.

Para iso a parella convidada, na que unha das partes pertencerá sempre ao mundo da literatura, contará cun tempo previo á data sinalada para bucear na obra do outro, para entrar nela e facela súa…permitindo que unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, o feedback e a experiencia compartida.

En CITA A DOUS as posibilidades son infinitas e cada proposta é un mundo.

Para esta primeira cita, contaremos cunha parella formada pola danza e a poesía.

Rut Balbís e Dores Tembrás porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca, non só falar da obras finais que se mostran, senón da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos.

Coordina: Antía Otero

lugar Cubo NORMAL

4 de maio ás 20:00 horas

Dejar una respuesta