20.06.2011

0 Comentarios | About, Agardando a Godot, Creación, Outros

SINSAL

 

O 25 de xuño dentro do Festival SINSAL San Simón,presentaremos ( Antía Otero + Carlos Neira) a acción sonora/ performance: INTERVENCIÓN SONORA SOBRE TURANDOT, na propia capela da Illa.

Unha acción sonora creada a partir dun diálogo deconstruido entre dúas persoas e Turandot, buscando unha poética contemporánea a partir dunha máis clásica (a da propia ópera).

A acción sonora é o resultado de multiplicar exponencialmente o efecto invasor da ópera (a través dunha intervención sobre ela con sons “extramusicais”, xerados no propio diálogo ).

O apartado de performances previsto estará completado pola presenza de David Loira e Angela Blanco.

**máis info aquí

Por certo, teño moitas ganas de ver aos grupos porque… pintaza!!!.

Déixovos co trailer do festival

 

 

 

 

Dejar una respuesta