0 Comentarios | About, Agardando a Godot, Obradoiros
obradoiros 2011/2012
Percorrer o OLLO DA ARTE
Obradoiro onde coñecer, descubrir e valorar o feito contemporáneo e a creación artística actual a través dunha mirada propia. No “ollo da arte” percorrerase (valéndonos de nocións teóricas e propostas prácticas ) os novos comportamentos artísticos, motivando que @s participantes propoñan e fagan visibles as súas propias ideas, asi como o traballo e o debate en grupo.
1ª parte (primeiro cuadrimestre) Este obradoiro realizarase ( con nivel iniciación ) no primeiro cuatrimestre, podendo continuar tod@s aqueles/as que o desexen nunha segunda parte prevista para o segundo cuatrimestre.
2ª parte (segundo cuadrimestre) Na segunda parte de “O ollo da arte”, prevista para o segundo cuatrimestre, afondaranse en conceptos, plantexarase nova materia e ofrecerase a posibilidade de desenvolver unha vía de traballo artística personalizada e dirixida para cada participante.
Información primeiro cuatrimestre:
/ Do 18 de outubro de 2011 ó 31 de Xaneiro de 2012 /
/ Martes de 19:00 a 21.00 horas / 30 horas /
/ Sala Cubo de NORMAL /
/ 35 € membros da comunidade universitaria, 55 € público xeral
/ 2 créditos de libre elección /
Profesora: Antía Otero. Licenciada en Historia da Arte, actriz, escritora e docente na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto.
Matrícula:
O prazo de matrícula comprende desde o día 30 de setembro até o día 17 de febreiro.
Os obradoiros comezarán a semana do 17 de outubro, entendéndose a súa duración até o mes de febreiro.
Os obradoiros celebraranse no Espazo de Intervención Cultural NORMAL. Sito en Paseo de Ronda 47, Campus de Riazor.
A matrícula farase na oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar s/n. planta baixa. Campus de Elviña. Eventualmente pódense recoller as follas de pagamento en NORMAL.
Non dubidedes en poñervos en contacto se precisades calquera aclaración no teléfono de información 981 167 000, nas extensións 1975, 1954, e 1962


Sin Comentarios
Menciones/Notificaciones