03.10.2011

0 Comentarios | About, Agardando a Godot, Obradoiros

obradoiro escrita

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co
patrocinio de Cedro, presenta un Obradoiro de Escritura Creativa
dirixido a persoas a partir de 16 anos, que será impartido pola
escritora Antía Otero durante oito semanas (unha sesión de dúas horas
cada semana de 18:00 a 20:00) os seguintes días:

13, 19 e 26 de outubro

e  2, 9, 16, 23 e 30 de novembro.

 

É de balde ata completar matrícula.

Será no Museo de Belas Artes (Rúa Zalaeta, s/n – A Coruña)

A unha das sesión asistirá outro escritor/a para contar a súa
experiencia creativa.

Agradecemos que colabores na difusión desta actividade aberta ao
público en xeral.

O obradoiro, botando man de imaxes literarias e artísticas, achegará
chaves interdisciplinares para descubrir e explorar elementos
importantes nas creacións como son a imaxinación, a escoita, o tempo,
o espazo, os personaxes, as escenas, os diálogos… Unha alternativa
ás aulas propiamente académicas ao redor da experimentación, da
comprensión e do diálogo persoal co feito literario e coa arte en
xeral.

O obxectivo é proporcionar estratexias básicas para a escrita,
destacando que para escribir hai que desenvolver a capacidade de
observación, no propio interior e na relación que mantemos coa
realidade circundante.

O prazo para anotarse comenza hoxe e remata o luns 10 de outubro

e pode facerse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org ou

chamando por teléfono ao 981 133 233.

Dejar una respuesta