18.06.2012

0 Comentarios | About, Agardando a Godot, Novas, Obradoiros

se proust tivera….


SE Proust TIVERA ALMORZADO torradas…

Curso intensivo de escrita creativa onde traballar a memoria como detonante dun texto literario: artigo, conto, novela, epigrama, poema…

Ao longo do mes de xullo, achegarémonos á obra de Edgar Allan Poe, Marcel Proust, Manuel Rivas, Charles Bukowski, Amelie Nothomb, Georges Perec, Marguerite Duras, Anne Sexton, Sharon Olds, Lois Pereiro, Louise Glück, Alejandra Pizarnik, John Berger, Sándor Marai, Herta Müller, Jose Ángel Valente e Philip Roth. Analizaremos o xeito que estes autores e autoras tiveron de reflictir as suas propias experiencias no papel.

Por unha vez, e sen que sexa precedente, estudiaremos a relación entre biografía e obra. Quen sabe, pode que este verán sexa irrepetible e aprendas a contalo.

Duración: 8 horas
Horario: Luns de 20.30 a 22.30 horas
Profesores:
Dores Tembrás (días 2 e 9 de xullo)
Antía Otero (16 de xullo)
Pedro Ramos (23 de xullo)

Reserva a túa praza escribindo un correo electrónico a pedro@lau2.org

Non o deixes pasar, as prazas son limitadas.

Dejar una respuesta