24.09.2012

0 Comentarios | Agardando a Godot

pas de chat

 

foi aquela veciña

nun domingo
dos oitenta

mentras merendaba pan con chocolate
ante os seus ollos océano
quen me dixo

– non se dí vellos….senón persoas maiores

traguei
bebín auga

comprendín

-comprenderalo… – engadiu

e travesou a cociña cun pas de chat

 

 

texto.- antía otero
imaxe.- ron mueck
video.- pina bausch

Dejar una respuesta