20.10.2012

0 Comentarios | About, Agardando a Godot, Creación, Literario

(retro)visor

 

(Retro)visor presentarase o vindeiro 22 de novembro no Sinsal é Normal

 

-No fondo sabía que tanta road movie podía matar

pero nunca estimei a amenaza-

 

(Retro)visor parte da feble liña que separa o real da ficción e faise poema escénico tomando a palabra, a música, a acción e a grabación en directo dunha road movie en plano secuencia.

Partindo do libro (Retro)visor publicado por Antía Otero en Edicións Xerais no 2010, a autora e Isaac Garabatos afrontan a escenificación dos textos partindo da hibridación da escrita cunha atmósfera sonora onde conflúe o video, o Live Cinema, a instalación artística e o poema obxetual .

Unha proposta metaliteraria onde o xogo temporal desdibúxase, creando unha voz monologada que se separa da propia autoría, para facerse acción e diálogo co público. Un retrovisor polo que mirar cara atrás, valorar e respirar, para poder seguir camiño e construir a verdadeira historia. A confesión prometida que nunca dá chegado.

 

 

En escena: Antia otero e Isaac Garabatos

Textos, dirección e cámara: Antía Otero

Espazo sonoro: Isaac Grabatos

Duración: 45 minutos aprox.

Ano de creación: 2012

Espectáculo creado en residencia artística en Normal. Espazo de Intervención Cultural da UDC

 Agradecementos: María Rodríguez, Andrés Ibáñez, María Villas 

Menciones/Notificaciones

  1. contaquilómetros | Antía Otero - [...] imaxe.- (Retro)visor [...]

Dejar una respuesta