03.03.2013

0 Comentarios | Agardando a Godot

repetir / transgredir

gilles_deleuze_2_h

 

“En todos os aspectos, a repetición é unha transgresión”.- Gilles Deleuze

 

Esta tarde botou unha boa gargallada cando se percatou de que eu dixera “NESPRESSO” na vez de “ESPRESSO”. Encántame verte rir mentras tento encamiñar a miña dislexia asociativa… porque aquí, na cidade de asfalto son moitas as veces que me ocorre. Vertebro “Ryanair” con “Radiohead”, misturo “anuncio” con “desaucio”, poño -s- de máis ou -c- de menos. Cada vez máis abandónanme as palabras, as letras fan augas nas lousas…expándense os conceptos, hibrídanse, crean animais cincelados por Cronenberg…Pouco a pouco vou perdendo todo o que non é xesto…e aparecen as pantasmas repetidas.

 

 

 

Imaxe e cita.- Gilles Deleuze

Texto.- Antía Otero

Video.- Agustín Fernández Mallo

 

Dejar una respuesta