03.03.2013

0 Comentarios | Novas

(retro)visor

1

 

poesíaexpandida.wordpress.com

Poesía Expandida

Partindo do poemario (Retro)visor publicado por Antía Otero en Edicións Xerais no 2010, a autora e Isaac Garabatos afrontan a escenificación dos textos partindo da hibridación, da acción e da atmósfera.

Con imaxes de Win Wenders como telón de fondo e creando un lugar de silencio cheo de palabras, (Retro)visor constrúese a partir da hibridación de diferentes disciplinas, onde o código poético entrelaza un discurso de longo monólogo, de extenso poema intimista con forma de road-movie.

Retro)visor ofrécenos a posibilidade de sentir a experiencia poética a través da música, da palabra, do video, da acción-instalación artística, do Found Footage e do Live Cinema

 

 

(Retro)visor //promo// from Antía Otero on Vimeo.

Dejar una respuesta