10.03.2013

0 Comentarios | Agardando a Godot

ladrar, ladrar, ladrar

image3_1186830253

 

Hoxe todo é unha praia. O asfalto, as liñas do horizonte cortadas polos cables da luz. Hoxe todo_ auga que habitar…
Ao lonxe, se te esforzas, podes escoitar as patas das gaivotas e doutros monstros mariños rabuñando as liñas, pero non nos asustemos, a cabeza enriba dos ombreiros marcan toda posibilidade de repetición.
Na praza de Olavide, homes sen teito cantan “te quiero mucho la- lalalá- lalá….te necesito….la- lalalá- lalá….” e logo rinse a esgalla todos a un tempo…. Baixaría sen dubidalo á rúa e sentaría con eles no banco, bebería viño do Eroski en chandal ou pixama ata caer morta só por sentir esa celebración do presente…. A saliva e o diafragma movéndose acompasados.
Hoxe eu e os meus novos amigos da praza de Olavide temos un plan porque, tras votalo en asamblea, decidimos que pasar a tarde entre carriños de bebés e as terrazas dos domingos, non nos satisface o máis mínimo. Por iso a intención é secuestrar un autobús que nos leve directo dende o interior deste país á praia só para ver a túa silueta, ao lonxe, recortarse nos ollos dun can negro. O conductor sentarase na parte de diante batendo palmas, unha por kilómetro percorrido… e o resto ladraremos, ladraremos, ladraremos tolos e inspirados….vendo pasar camións e coches de policía nacional.

 

 

 

-imaxe.- Herzog: “Tamén os ananos comezaron pequenos”
-texto.- antía otero
-video.- Frank Sinatra

Dejar una respuesta