20.03.2013

0 Comentarios | Agardando a Godot

a piques de primavera

peony-yip

 

No embigo de marzo
carrapuchiña
cambiou as trenzas
pola “perrera”

médralle cor das entrañas
unllas desfiando encaixe
guedellas no ceo da boca

tan vermella

 

loba

e saliva

 

como a moa no último xuízo

 

 

imaxe.- arseny vesnin
texto.- antía otero
video.- anna calvi

Dejar una respuesta