09.09.2013

0 Comentarios | About, Novas, Obradoiros

obradoiro de escrita

peony-yip

REVELAR PARA REBELARSE: escribir neste tempo

– Obradoiro de creación poética con Antía Otero-

 

Achegarse ao feito literario facendo fincapé no poético. Arrincar o medo á palabra, desbloquear a escrita. Atopar a voz propia e afrontar a rebelión do texto. Revelar o entramado poético dende unha visión lúdica, interdisciplinar e contemporánea. Colocar o poético en relación co interdisciplinar: cinema, música, artes plásticas. Bucear nas propias creacións ao redor da imaxinación, a escoita, o concreto, o diálogo, o eu, o contorno, a periferia, o tempo, o espazo, o silencio. Escoitar o proceso. Aportar chaves que axuden a escoitar e mirar dende o aquí e o agora do cotián, do preciso, do inmediato… facendo fincapé na grandeza do poético.

Escribir para revelar e rebelarse.

 

Bloques temáticos:

1.- Cartografías do Eu.- Marguerite Duras, Boris Vian, Silvia Plath, Tess Gallagher, Lois Pereiro.

2.- A cidade na presión do tópico.- Paul Éluard, Jean-Luc Godard, José Luis Guerín, Sophie Calle.

3.- Road Movie.- Win Wenders, Nick Cave, Antonio López

4.- O silencio.- John Cage, Kazuo Ohno, O paseo sonoro.

5.- Diálogo continuo. Entre a tradición e a contemporaneidade

6.- Formatos Rebelados.- Videoarte, Videopoemas, Espazos -trans, Escrita dixital

 

** Ademáis das clases, cada alumn@ terá a oportunidade de recibir tres titorías personalizadas ao longo dos tres meses de duración do obradoiro

** O día 2 de outubro de 20:00 a 22:00 horas comezamos facendo a primeira aula dun xeito completamente gratuíto. Podes vir, probar e, só se che gusta, quedar.

 

Duración: Trimestral ( outubro, novembro, decembro ) 

Imparte: Antía Otero

Días e hora: Mércores de 20:00 a 22:00 horas
Lugar: The Room ( Rúa Santiago, 7 – 15001 – A Coruña ) 

Prezo: 60 euros ao mes

 

Máis información, cuestións e matrícula en: obradoiroantiaotero@gmail.com 

Dejar una respuesta