0 Comentarios | About, Agardando a Godot, Creación
amor e arte
«A miña moza está conectada pero non contesta aos wassaps… Nin sequera unha cariña desas que sorrín coa media boca» é unha peza de Antía Otero coa colaboración de Roberto Casteleiro
O baleiro que se crea entre frase e frase provoca buracos negros. Un espazo en off mental no que podemos imaxinar todo o que ocorre sen estar alí.
A esixencia do inmediato na comunicación a través das novas tecnoloxías xera ansiedades que enchemos con accións secundarias e improvisadas ata convertelas nas máis importantes.
Antía.- E se facemos unha banda sonora?
Roberto.-Pero ilustrando as accións con melodías?
Antía.- WTF?!!!
Este é a sinopse da peza que Antía Otero coa colaboración de Roberto Casteleiro, realizarán especialmente para o «Festival por Amor al Arte» e que será presentada o día 21 de febreiro na Atlántica Centro de Arte ás 20:00
Sin Comentarios
Menciones/Notificaciones