25.03.2014

0 Comentarios | About, Agardando a Godot, Literario

poetas di(n)versos

10003270_835846999765947_644508080_n

 

O pasado 17 de marzo tiven o pracer e a sorte ao mesmo tempo de participar no Ciclo Poetas Di(n)versos que a poeta Yolanda Castaño ven coordinando na Coruña.

A programación poética do Di(n)versos reúne autores/as galeg*s e estranxeir*s unha vez ao mes  nun acto aberto e gratuíto para todo o público interesado; non só aquel máis familiarizado co xénero poético, senón tamén aqueloutro disposto a se deixar seducir pola expresividade literaria, a forza da palabra e tamén o diálogo con outras disciplinas creativas.

 

POESÍA ÁGORA

 

Nesta ocasión tocoume ser a convidada galega para partillar  co letón Sergej Tomofejev case unha hora de escenario, onde a palabra deuse a man co audiovisual, a música, a fotografía e a proxección en directo. Minutos onde apareceron os silencios e as atmósferas.

 

1932240_657613647634459_43860147_n

 

Con Sergej Timofejev (Riga, 1970) comparto, ademáis do gusto polos espazos derrubados dentro das cidades, unha parte da visión do feito poético. Algo que a maioría das veces non podo desligar do seu diálogo con outras disciplinas artísticas. Ese falar dende un lugar non central, buscar a horizontalidade dos elementos, meterse na acción de observar cales son as confluencias nas canles discursivas e no deseño das atmósferas.

Foi fermoso o encontro. Realizar este traballo na Coruña, atoparme case coma na casa con tantas caras coñecidas e queridas entre o público.

1924995_10203315512997736_949745179_n

 

A proposta que levei ao escenario do Ágora trataba de poñer en funcionamento o traballo de investigación que, dende hai meses, veño a realizar en torno a varias fotos tiradas polos meus avós por primeira vez nas súas vidas. – Como dialogar coa imaxe cando ela xa é o todo…. Esa foi a pregunta. – Como dialogar con ela cando a nada que a interveñas podes destruila, ou enchela de pretensións e danos colaterais que non son precisos….

Esa verdade de quen dispara por primeira vez vólvese hipócrita na manipulación, na intención de colocarlle papel de agasallo e guindas para adubala.

– Como negociar na vertixe que provoca a perfección que simplemente é porque  É ….

Aquí deixo un video no que se recolle un anaco do que alí ocorreu

Dejar una respuesta