11.04.2014

0 Comentarios | Agardando a Godot

través de, a

10259868_642889945760935_3936158603182250993_n

 

 

Verse por dentro

 

Ollar as olivas flotando no bote

sementes baixo terra

a larva na cela do panal

 

Ese fondo oceánico

mapa

cravado entre embigo

e costas

 

Cartografía en pregos

 

Sedimento abisal

no que te debuxas

 

 

 

 

Imaxe.- Enric Huguet

Texto.- Antía Otero

Dejar una respuesta