Literario

Dende moi nova estivo en relación coa literatura mostrando o seu interese fundamentalmente pola poesía e o seu diálogo con outras artes. Tras gañar algún premio inicial (co seu poemario De porta un horizonte resultou gañadora do VII Certame Francisco Añón de Poesía do Concello de Serra de Outes ), publica no 2003 o seu primeiro libro individual O Son da Xordeira na Editorial Espiral Maior e sete anos depois (Retro)Visor en Edicións Xerais de Galicia. 

(...) Antía Otero mira polo (Retro)Visor partindo da feble liña que separa o real da ficción coa vontade de construír un espazo de identidade onde a voz se sinta cómoda. Non en van, este é un poemario confesional, aínda que configura unha confesión prometida que nunca dá chegado. Con imaxes de Win Wenders como telón de fondo e creando un lugar de silencio cheo de palabras, (Retro)visor constrúese a partir da hibridación de diferentes disciplinas, onde o código poético entrelaza un discurso de longo monólogo, de extenso poema intimista con forma de road-movie. Desde o cotián, apreixado nun fotograma de Paris-Texas, a confesión realiza aquí unha viaxe pola estrada interior para chegar á reflexión vital e ao pensamento (…)

Outras publicacións en revistas e edicións colectivas nas que aparece:

  • Poetízate. Antoloxía da Poesía galega.
  • Elas 5. Antoloxía Poética.
  • Polifonías. Voces poéticas contra a violencia de xénero
  • InfoXove
  • Escrita Contemporánea.AELG.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra.
  • Sempre Mar. Plataforma Burla Negra.
  • Xela Arias. quedas en nós.
  • Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes.
  • Diccionario de escritores Tabeirós-Terra de Montes.
  • Na actualidade, Antía Otero é Vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Máis información sobre recitais, colaboracións...no contacto antiaor@gmail.com

25.03.2014

0 Comentarios

poetas di(n)versos

poetas di(n)versos

  O pasado 17 de marzo tiven o pracer e a sorte ao mesmo tempo de...

Ler +
02.02.2014

0 Comentarios

laboratorio das letras

laboratorio das letras

  Entre o 25 e o 30 de maio coordinaremos en Normal ( Espazo de...

Ler +
08.01.2014

0 Comentarios

Voces a Castelao

Voces a Castelao

    Onte día 7 de xaneiro participamos no acto VOCES A CASTELAO no...

Ler +
22.12.2013

0 Comentarios

letra en obras

letra en obras

    Aquí o meu primeiro artigo de opinión para  Letra en Obras A...

Ler +
22.12.2013

0 Comentarios

Caderno de Nilo

Caderno de Nilo

      O pasado mércores, día 4 de decembro participei na...

Ler +
20.10.2012

0 Comentarios

(retro)visor

(retro)visor

  (Retro)visor presentarase o vindeiro 22 de novembro no Sinsal é...

Ler +