Literario

Dende moi nova estivo en relación coa literatura mostrando o seu interese fundamentalmente pola poesía e o seu diálogo con outras artes. Tras gañar algún premio inicial (co seu poemario De porta un horizonte resultou gañadora do VII Certame Francisco Añón de Poesía do Concello de Serra de Outes ), publica no 2003 o seu primeiro libro individual O Son da Xordeira na Editorial Espiral Maior e sete anos depois (Retro)Visor en Edicións Xerais de Galicia. 

(...) Antía Otero mira polo (Retro)Visor partindo da feble liña que separa o real da ficción coa vontade de construír un espazo de identidade onde a voz se sinta cómoda. Non en van, este é un poemario confesional, aínda que configura unha confesión prometida que nunca dá chegado. Con imaxes de Win Wenders como telón de fondo e creando un lugar de silencio cheo de palabras, (Retro)visor constrúese a partir da hibridación de diferentes disciplinas, onde o código poético entrelaza un discurso de longo monólogo, de extenso poema intimista con forma de road-movie. Desde o cotián, apreixado nun fotograma de Paris-Texas, a confesión realiza aquí unha viaxe pola estrada interior para chegar á reflexión vital e ao pensamento (…)

Outras publicacións en revistas e edicións colectivas nas que aparece:

  • Poetízate. Antoloxía da Poesía galega.
  • Elas 5. Antoloxía Poética.
  • Polifonías. Voces poéticas contra a violencia de xénero
  • InfoXove
  • Escrita Contemporánea.AELG.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra.
  • Sempre Mar. Plataforma Burla Negra.
  • Xela Arias. quedas en nós.
  • Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes.
  • Diccionario de escritores Tabeirós-Terra de Montes.
  • Na actualidade, Antía Otero é Vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Máis información sobre recitais, colaboracións...no contacto antiaor@gmail.com

23.02.2012

0 Comentarios

papel a punto de

papel a punto de

hoxe día 23 de febreiro ás 20:30 horas teño o pracer de presentar...

Ler +
16.11.2011

2 Comentarios

pintalabios

pintalabios

o mércores 9 de novembro tiven o gusto de participar na presentación do...

Ler +
11.04.2011

0 Comentarios

conversa

conversa

  aquí deixo a ligazón da longa e completa entrevista realizada por...

Ler +
31.03.2011

0 Comentarios

crítica Retro(visor)

crítica Retro(visor)

  xosé manuel eyré fai unha crítica de Retro(visor) en...

Ler +
18.03.2011

0 Comentarios

Retro(visor)

Retro(visor)

  Retro(visor).- Edicións Xerais, 2010   (Retro)visor parte desa...

Ler +