Obradoioros

Dende 2006, ven desenvolvendo o obradoiro de creación literaria a través da arte O OLLO DA ARTE en diferentes centros de ensino, centros culturais, bibliotecas, librarías, ludotecas...

O OLLO DA ARTE é unha experiencia coa que se pode achegar a todos aqueles/as interesad@s no mundo da literatura, da arte en xeral e da palabra á creación dun xeito propio. Unha aposta polo coñecemento interdisciplinar a pé de rúa e non unicamente académico, que xa leva catro anos de funcionamento. Un obradoiro no que o participante coñecerá/descubrirá/valorará o feito artístico contemporáneo en diferentes prismas, valéndose de eventos temáticos asociados a este feito ata chegar á creación do seu propio traballo literario/artístico.

Características: O ollo da arte é un obradoiro que pode adaptarse a diferente tipo de público (adulto, xuvenil ou infantil), espazos e reformularse segundo o número de sesións concertadas.

Dende o 2010, imparte a materia de Teoría do Teatro e Novos Comportamentos Escénicos na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto

Máis información e contacto: antiaor@gmail.com

25.02.2012

0 Comentarios

o ollo da arte I

o ollo da arte I

  Ata o 6 de marzo de 2012 está aberto o prazo para se matricular no...

Ler +
14.01.2012

0 Comentarios

todo nada poesía

todo nada poesía

  podes matricularte xa no obradoiro TODO POESÍA NADA POESÍA...

Ler +
03.10.2011

0 Comentarios

obradoiro escrita

obradoiro escrita

  A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega,...

Ler +
29.09.2011

0 Comentarios

obradoiros 2011/2012

obradoiros 2011/2012

  Percorrer o OLLO DA ARTE   Obradoiro onde coñecer, descubrir e...

Ler +
25.03.2011

0 Comentarios

obradoiro na granell

obradoiro na granell

os mércores de abril, maio e xuño de 17:30 a 19:30 comezo unha nova...

Ler +
19.03.2011

0 Comentarios

obradoiro en NORMAL

obradoiro en NORMAL

  Dende o 15 de marzo ate finais de xuño, estou a impartir un obradoiro...

Ler +